viernes, 23 de noviembre de 2007

O concurso das bandas deseñadas


Unha vez máis ,fíxose o concurso de bandas deseñadas co lema "O Magosto", a participación foi pobre, do alumnado do segundo ciclo non participou ninguén, e as bandas deseñadas responderon ós mesmos patróns ca o ano pasado, onde a imaxinación na maioría dos casos foi máis ben escasa, de todos os xeitos non quero que este artigo sexa para dar un tirón de orellas ós alumnos e alumnas que non participaron senón un agradecemento ó esforzo dos alumnos e alumnas que si o fixeron.
Xa estiven falando con Paco, que é, por se alguén non o sabe, o Coordinador do ENDL do Centro, para que se faga un esforzo económico, o máximo que os nosos orzamentos permitan, para premiar a estes alumnos e alumnas.
Dado que houbo máis participación en 1º de ESO que en 2º, chegamos ó acordo de dar
dous premios para 1º de ESO e un para 2º de ESO.

Por certo, a ver se o adiviñades:
Alto me vexo
no meu lugarexo.
Por unha risada,
perdín miña añada.
¿De que se trata?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

A resposta da adiviña é o ourizo

Anónimo dijo...

pareceme moi boa idea o sea esta ben ese concurso

Anónimo dijo...

sentimos moito non haber participado
é que estabamos moi ocupados a estudar