sábado, 14 de febrero de 2009
jueves, 5 de febrero de 2009
Toponimia "in valle Varoncelli discurrente rivulo Tamega"
Que se sementaba e arrincaba nas ESTIVADAS para recibir tal nome?
Que venerables anciáns lle deron nome a VILARDEVÓS?
Que forma está detrás do NAVALLO e non ten nada que ver cos coitelos?
Cales son as dúas posibilidades para explicar a orixe de VERÍN?
A que sabían as primeiras augas de SOUSAS?
Sabías que o noso río TÁMEGA é irmán lingüístico do TÁMESIS londinese?
Atoparás a resposta a todas estas cuestións e moitas outras que teñen que ver coa toponimia no recente libro adquirido polo ENDL e depositado na biblioteca.
F. CABEZA QUILES,
Toponimia de Galicia.
Editorial Galaxia, Col. Guías AZ.
Deixámosvos con todo un clásico da filoloxía galega, que a profesora Beni coñece moi ben.
SERVOI. Servoi é o nome dun lugar e parroquia do concello de Castrelo do Val (Ourense), emprazado no val de Verín. Neste val, denominado na Idade Media "Baroncelli" ou "Varoncelli", por onde discorre o Támega, existiu un mosteiro chamado "Servo Dei", o nome do cal aparece nun documento do ano 1132: "De monasterio Servo Dei, quid (o cal) est in Valle Varoncelli discurrente rivulo Tamega"; antigo Servo Dei, que debe ser, xa que logo a base etimolóxica e significativa do actual Servoi, que parece representar o nome persoal Servusdei. Tal como aparece Servusdei quere dicir "servo de Deus", expresión ou fórmula de humildade cristiá e de reverencia a Deus tipicamente medieval, que se debeu converter moi pronto en nome de persoa. Tal fórmula aparece unha chea de veces ao principio de moitos documentos. (...)
Xa nun documento do ano 992 aparece un abade do mosteiro de Celanova chamado, precisamente Servusdei: "servo Deo abbati", quizais tocaio do posible fundador do devandito mosteiro así mesmo chamado "Servo Dei" do val de Verín; cenobio que puido recibir o nome do seu primeiro reitor, hoxe toponimizado no nome de lugar Servoi.