TRUFAS DE CHOCOLATE
Premio do II Concurso de Larpeiradas (2009)
Receita de LILIANA
- Chocolate marca "Nestlé" para fundir.
- Un bote pequeno de leite condensado.
- 250 gramos de manteiga.
- Fideos e chocolate marca "Valor" para adornar.
- Opcional: un pouco licor.
Derreter ao baño maría o chocolate e a manteiga. Ir engadíndolle o leite condensado e remexer para que quede unha mestura uniforme.
Verter nunha fonte longa e introducir no frigorífico. Ao día seguinte raspar cunha culler e facer boliñas pequenas e emboligalas nos fideos.
Pódense conxelar para conservar mellor.
Liliana (3.º ESO)