jueves, 27 de noviembre de 2008

Recursos lingüísticos


Recursos para o galego é unha completa recompilación de enderezos que facilita o coñecemento e o acceso doado a programas correctores, dicionarios, gramáticas, tradutores e outras ferramentas. Útil para gardar nos favoritos do teu computador.

martes, 18 de noviembre de 2008

Dicionario Visual Interactivo

Este dicionario é unha ferramenta para a iniciación ao galego do alumnado procedente do estranxeiro.

martes, 23 de septiembre de 2008

martes, 8 de julio de 2008

sábado, 24 de mayo de 2008

Concurso de larpeiradas


Pois ben, o día da romaría se cataron esas larpeiradas, alguén falaba con entusiasmo do boas que estaban a maioría delas e xa estaba pensando en repetilo para o curso que ven.
Para que todos podamos revivir ese momento, iso si con un pouco de traballo (xa que hai que elaborarlas) deixovos un documento coas receitas. Receitas.doc.

Noraboa a todas e todos os participantes, en especial as gañadoras do concurso que foron:

1º Premio: Alba Rodríguez Losada, pola Torta de leita callado e arandos

2º Premio: Isabel (a profe de Historia), pola Torta de tiramisú

3º Premio: Belén Rigüela, pola Bica de iogures e noces.

sábado, 10 de mayo de 2008

Felicitacións a La Gazeta de Terzero

Dende o ENDL do Castro de Baronceli queremos felicitar a Israel polo seu acertado e bonito traballo cós alumn@s de terceiro, (ou terzeiro), polo segundo número de La Gazeta de Tercero cuio éxito esperemos se prolongue ó longo de moitos anos, felicitar asi mesmo ós alumnos e alumnas de terceiro polo seu esforzo e a calidade dos seus artigos.

viernes, 9 de mayo de 2008

1ª Romaría Popular das Letras Galegas

Queremos por vez primeira poñer en marcha unha romaría popular dedicada ás letras galegas adicada neste ano a Xosé Álvarez Blázquez.



Programa: 19 de maio de 2008

14:00 - 15:00 Xantar campestre no patio do instituto. Cata dos doces do 1º Concurso de Larpeiradas. Animación musical e baile.

15:00 - 15:30 Portas abertas, visita guiada para pais e nais.

15:30 - 15:45 Inauguración da Aula Xesús Taboada Chivite (Aula 4)

Actuacións no comedor:

16:00 - 16:30 Teatro. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María. Peza dramática en nove actos breves a cargo da compañía teatral de 1º de ESO.

16:30 - 17:00 Recital poético-musical en honor de Xosé María Álvarez Blázquez.

17:00 - 17:10 Entrega dos premios (Concurso de Larpeiradas, Concurso de Marcapáxinas, Certames Literarios do Concello de Verín, ...)

Podedes ver unha reportaxe fotográfica da romaría aquí

jueves, 8 de mayo de 2008

Coplas dos maios 2008

Os alumnos e alumnas do IES Castro de Baronceli cumpriron sobradamente e aquí temos as magníficas coplas elaboradas por eles. Debo felicitalos pois o nivel exhibido nas rimas é excelente, case tanto como a retranca que teñen os versos.
Podédelas ler no enlace premendo aquí.


Ademáis fixemos un maio que aínda que alguén me acuse de subxectivo, debo dicir que estaba moi bonito.






Aquí podemos ver o maio exposto na praza do concello.

sábado, 26 de abril de 2008

Os Maios 2008

Xa se achega o maio florido e hermoso
e todos pensando que por nas coplas,
xa chega despois do abril chuvioso
o mes no cal se deciden as notas.

Xa hai unhas semanas que non vos vexo
pois disfruto dos días da paternidade,
animarvos a que fagades as coplas quero
para poñer no blog as de máis orixinalidade.

Ben sei que estas me quedaron un pouco frouxas, pero sei que vós as ides facer moi ben, así que dende aqeuí anímovos a escribilas e encanto poda as publicarei aquí co voso permiso para que todo o mundo poda ver a creatividade, orixinalidade e sentido do humor que tedes todas as alumnas e todos os alumnos do IES Castro de Baronceli.

jueves, 24 de abril de 2008

Dicionario Ir Indo

A editorial Ir Indo acaba de pór na rede unha versión electrónica do seu dicionario galego. Ofrece 65.000 entradas con todas as modificacións das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do ano 2003. Nisto supera xa ao mesmo dicionario en rede da Consellería, aínda sen actualizar. Pero ademais ofrece a etimoloxía e a equivalencia en castelán, portugués e inglés. No futuro deberá incorporar sinónimos, antónimos e frases feitas.

Próbao neste enlace: Dicionario Ir Indo



Outros dicionarios de galego na rede:

Consellería de Educación-RAE
Dicionário electrónico Estraviz

(Vía Código Cero)

sábado, 15 de marzo de 2008

Día da Prensa

Estamos seguros de que en calquera hora lectiva do curso e en calquera centro educativo un estudante pasa as follas dun xornal ou un profesor reparte fotocopias de novas ou artigos. Se así non fose, deberiamos preocuparnos. En calquera aula e en calquera materia, aínda que sexa un só alumno e un só profesor. O que non é normal é que todo un centro de douscentos alumnos se poña de acordo para saír á mesma hora das aulas á procura da información. A actividade de busca de datos nas diversas seccións dun xornal repartidas por todo o instituto, para o cal tiñan que orientarse cun plano, coidamos que foi satisfactoria. Grazas a todos por axudar de parte do Grupo de Traballo da biblioteca.

miércoles, 5 de marzo de 2008

Reunión do ENDL

O pasado venres 29 de febreiro reunímonos os compoñentes do ENDL na sala de Medios Audiovisuais para tratar, entre outras cousas, das actividades do terceiro trimestre, aprimeira delas será o "Correlíngua", (www.correlingua.org/), a Semana das Letras Galegas, o Maio e unha celebración de xogos populares, para todos os que queiran aportar algunha idea ó respecto vai esta mensaxe, estamos abertos a calquera idea que poidades aportar.

viernes, 15 de febrero de 2008

Jujel é juai

Jujel é a versión jaleja para Jalisia.

Funsiona como os demais

na túa páxina de inisio.


http://www.jujel.es/

jueves, 14 de febrero de 2008

Entroido solidario - Concurso de disfraces


Tamén con motivo do entroido se realizou un entroido solidario para reacudar fondos a favor da ONG Save the Children, que consistiu nun apadriñamento dos alumnos que participaron na carreira solidaria, cantas máis voltas deran ó circuito, máis cartos recaudaban en favor da ONG, sendo esta unha maneira de valorar o esforzo dos alumnos, (todo isto organizado por Dori), algúns correron disfrazados participando no concurso de disfraces do entroido solidario para o cal. este Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística aportou a cantidade de 50€ en vales canxeables en tendas de deportes.

Obradoiro de caretas de entroido

Temos que felicitar a María polo traballo desenvolvido cos alumnos no obradoiro de caretas de carnaval, hai que dicir que co pouco tempo dispoñible a cousa saíu bastante ben e para mostra as imaxes. Grazas María polas fotografías e felicidades tamén os alumnos e alumnas que fixeron unhas caretas moi fermosas.





Unha vez pintadas, (non temos fotos do proceso de pintado, xa que por falta de tempo foron pintadas na casa e non no centro), podemos apreciar o resultado

miércoles, 23 de enero de 2008

Obradoiro de elaboración de caretas de Entroido







O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística puxo en marcha un obradoiro para facer caretas para o entroido, para iso contamos coa colaboración do Departamento de Plástica, no que María fai un esforzo por sacar adiante este obradoiro xunto coas tarxetas de San Valentín do Depatamento de inglés,
¡Ánimo María!.
Paco proporcionou uns vídeos onde se elaboran as máscaras dos cigarróns, onde él mesmo é todo un artista, ademáis proporcionounos unha serie de láminas tamaño A3
elaboradas tamén por él mesmo, na que nos mostra como son e como é o taller onde fai as caretas titulada "Historia dunha careta" cuias imaxes podemos ver.

miércoles, 16 de enero de 2008

Xa chega o ENTROIDO


Acabamos de chegar das vacacións de Nadal e xa temos que pensar de que nos imos disfrazar no entroido que chega xa na primeira semana de febreiro, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística preparará un pequeno taller para a elaboración de máscaras que esperamos que vos resulte interesante.