viernes, 28 de diciembre de 2007

Felíz 2008

O Equipo de Normalización Lingüística deséxavos a todos e a todas un excelente 2008, que veña cheo de boas cousas, de ganas de estudar e por suposto de aprobados ó longo do ano.

sábado, 22 de diciembre de 2007

Así naceu o himno

Especial "100 anos do himno" da TVG.
Primeira parte:

Segunda parte:

jueves, 20 de diciembre de 2007

Resultado do concurso de felicitacións do Nadal

Nesta semana fíxose a votación dos traballos presentados ó concurso, todos e todas parcicipastes na votación, na que se establecían dous premios, un para cada ciclo de E.S.O.
Tra-la votación popular xa podemos dicir que as gañadoras do concurso foron as seguintes.

Premio do 1º ciclo de E.S.O.:
Mª Olga de Aragón Rodríguez

Premio de 2º ciclo de E.S.O.:
Bibiana López Francisco, de 4º B

Felicidades ás gañadoras, que recibiredes o premio que consiste nun MP4 para cada unha. Disfrutádeo, e ¡Felices Festas para tod@s!. Vémonos o próximo ano 2008.
Podédelas ver premendo nas fotos da esquerda ou premendo aquí.

sábado, 15 de diciembre de 2007

Boa participación no concurso de felicitacións de Nadal

Ben, moi ben. Esta vez si que vos portastes, hai unha chea de felicitacións de Nadal e algunhas moi bonitas e moi traballadas o que vai a meter nun apreto ó xurado que teña que decidir cales van a ser as felicitacións gañadoras. Nesta última semana antes das vacacións xa coñeceremos o nome dos gañadores ou das gañadoras.

viernes, 7 de diciembre de 2007

Agradecemento á colaboración dos Concellos


Despois da reunión que tivemos con representantes dos Concellos queremos facer mención neste blog á atención prestada, en especial ó Concello de Verín e de Oímbra, os cales mostraron interés e apoio a este Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Pois ben, o Concello de Oimbra mandounos información sobre lugares de interese turístico que aproveito para poñer neste blog e que dende logo paga a pena visitar. Animo desde aquí ás alumnas e ós alumnos do IES Castro de Baronceli a que presuman dos seus pobos e a que traian fotografías dos monumentos ou dos lugares turísticos que consideren interesantes para publicalas no blog e compartilas cós seus compañeiros e compañeiras.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Resultado do concurso de Bandas Deseñadas

Xa temos o resultado, gañaron por votación de todos os integrantes do ENDL, do Departamento de Plástica e representantes do Equipo Directivo as seguintes alumnas:

1º ESO
Mª Isabel Villamarín Alonso
Noelia González Salgado

2º ESO
Lorena García Campos

¡¡Felicidades ás premiadas!!.
O premio vai consistir nun cómic e nun mp4 deses que reproducen cancións e videos nunha pequena pantalla.

Se queredes ver as bandas deseñadas en tamaño grande non tedes máis ca premer sobre as imaxes en pequeno que se amosan na parte dereita ou facendo clic aquí