jueves, 29 de noviembre de 2007
O concurso de felicitacións de Nadal
Xa está en marcha o concurso de felicitacións de Nadal, espero que vos animedes a participar, o ano pasado a participación foi excelente, así que este ano hai que poñerse as pilas e esforzarse ó máximo para superar o do ano pasado, aqueles e aquelas que pensen que a calidade dos seus debuxos non é boa, non deixedes de participar, tratando de suplir a calidade con orixinalidade, pensade como sería un papanoel galego, unha visión graciosa do nadal ou que o portal de Belén fose por exemplo o portal de Vilardevós, por poñer uns exemplos.
viernes, 23 de noviembre de 2007
O concurso das bandas deseñadas
Unha vez máis ,fíxose o concurso de bandas deseñadas co lema "O Magosto", a participación foi pobre, do alumnado do segundo ciclo non participou ninguén, e as bandas deseñadas responderon ós mesmos patróns ca o ano pasado, onde a imaxinación na maioría dos casos foi máis ben escasa, de todos os xeitos non quero que este artigo sexa para dar un tirón de orellas ós alumnos e alumnas que non participaron senón un agradecemento ó esforzo dos alumnos e alumnas que si o fixeron.
Xa estiven falando con Paco, que é, por se alguén non o sabe, o Coordinador do ENDL do Centro, para que se faga un esforzo económico, o máximo que os nosos orzamentos permitan, para premiar a estes alumnos e alumnas.
Dado que houbo máis participación en 1º de ESO que en 2º, chegamos ó acordo de dar
dous premios para 1º de ESO e un para 2º de ESO.
Por certo, a ver se o adiviñades:

Alto me vexo
no meu lugarexo.
Por unha risada,
perdín miña añada.
no meu lugarexo.
Por unha risada,
perdín miña añada.
¿De que se trata?
lunes, 19 de noviembre de 2007
Benvida
Este pode ser un punto de encontro se vos animades a participar, para iso teredes que pedir as claves para poder publicar os vosos artigos, opinións, ideas, ...
Pode ser un sitio no que se poderán poñer traballos, poesías, fotografías, chistes, etc, todo o que teña que ver coa mellora do uso do galego na escola. Trataremos sempre que sexa un galego normativo.
A administración do Blog poderá eliminar aquelas entradas que conteñan frases ou fotografías de mal gusto.
Todas as persoas (profesoras, profesores, alumnas e alumnos) que queiran participar poden remitir falar conmigo. (Rafael Nóvoa, colaborador do ENDL e creador deste blog)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)