jueves, 29 de noviembre de 2007
O concurso de felicitacións de Nadal
Xa está en marcha o concurso de felicitacións de Nadal, espero que vos animedes a participar, o ano pasado a participación foi excelente, así que este ano hai que poñerse as pilas e esforzarse ó máximo para superar o do ano pasado, aqueles e aquelas que pensen que a calidade dos seus debuxos non é boa, non deixedes de participar, tratando de suplir a calidade con orixinalidade, pensade como sería un papanoel galego, unha visión graciosa do nadal ou que o portal de Belén fose por exemplo o portal de Vilardevós, por poñer uns exemplos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
o profesor de matematicas Rafa para los amigos e o mexor profesor de todos aunque se nota que esto foi publicado por el sobre todo por a ortografia ¿desde cando vilardevós e con b e papanoel se escribe asi?
pero de todas formas non ten comparacion con ninguen
Acepto o tirón de orellas polo de Vilardevós, admito que a xeografía non é o meu e por iso non me decatei de que era con v, o de papanoel púxeno todo xunto intencionadamente, de feito sempre falamos de "papanoel" todo xunto e non de Noel sen máis, a cantos coñecedes que se chamen NOEL?
Realmente non a moitos, pero de todas
formas escribese separado
Hola Peke, que tal?. Pois eu sí que coñezo a un rapaz que se chama Noel, puxéronlle así porque naceu o día de Nadal.
Publicar un comentario