A editorial Ir Indo acaba de pór na rede unha versión electrónica do seu
dicionario galego. Ofrece 65.000 entradas con todas as modificacións das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do ano 2003. Nisto supera xa ao mesmo dicionario en rede da
Consellería, aínda sen actualizar. Pero ademais ofrece a etimoloxía e a equivalencia en castelán, portugués e inglés. No futuro deberá incorporar sinónimos, antónimos e frases feitas.
Próbao neste enlace:
Dicionario Ir Indo![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEil5BwDjkIsFtxH6irZ6Ry-Q7iq5ASXYy3P2V7otFQ9Afvkwt5zaGmgGDlv3uKPMo_zbOpyRv1rFx05bxWh9fn5DaXJXmeeVrzxRXZY8RAbsB2d74X0vI4IPL7MlronUOl7vyz1C5oXxNvm/s400/dicirindo.jpg)
Outros dicionarios de galego na rede:
Consellería de Educación-RAE
Dicionário electrónico Estraviz
(Vía Código Cero)
No hay comentarios:
Publicar un comentario