jueves, 26 de marzo de 2009

Maxicamente Vello

POEMA: "A fala" de Manuel María
MÚSICA: Roi Casal

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avóse
ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!

2 comentarios:

Román dijo...

Ola

Quedades agregados ao planeta ENDL, unha ferramenta web que permite ver as actualizacións dos blogues dos ENDL día a día.

Saúdos

Serafín dijo...

Pois moitas grazas por agregarnos.