lunes, 5 de abril de 2010

Concurso de carteis

Os Departamentos de Plástica, Galego e ENDL convocan o Concurso de carteis "III Romaría das Letras Galegas".

Bases:

  1. Poderán participar todo o alumnado do IES Castro de Baronceli.
  2. O soporte e o tamaño serán de material que poida ser reproducido.
  3. No cartel deberá aparece a seguinte lenda:
III Romaría Popular das Letras Galegas
24 de maio de 2010
IES Castro de Baronceli 
    4. O cartel gañador reproducirase para anunciar a Romaría e o autor ou autora recibirá un trofeo.
    5. Poderanse establecer un ou varios accésits para os máis destacados.
    6. Os orixinais deberán presentarse antes do 29 de abril na secretaría do centro.

jueves, 7 de enero de 2010

Alta nobreza...


Artigo xornalístico cun rápido percorrido histórico e enumeración do patrimonio natural e cultural da comarca de Monterrei. Publicado n'A nosa Terra Diario.

lunes, 28 de diciembre de 2009

Concurso de Postais


Postais premiadas no
Concurso de Felicitacións de Nadal



Primeiro Ciclo                                         
1.º Premio: MARÍA ISABEL ÁLVAREZ  
2.º. Premio: TANIA PRIETO                      

Segundo Ciclo                                           
1.º Premio: SORAYA VILELA                  
2.º Premio: LUIS BORRAJO                                   

Bo Nadal
                        Fotos na Galería

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Concurso de felicitacións de Nadal

Os departamentos de Educación Plástica e o ENDL convocan:
CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL
Bases:
  • Cada alumno pode participar cunha felicitación.
  • Deberán ter texto e/ou debuxo alusivo ó Nadal.
  • Poderán entregarse en secretaría ata o día 9 de decembro.
  • Establecense dous premios, un por ciclo.
  • Os departamentos de Galego e Plástica valorarán a participación e a dedicación ó concurso.

lunes, 9 de noviembre de 2009

jueves, 8 de octubre de 2009

TEMOS PALABRAS MILENARIAS

Temos na boca palabras milenarias
para falarmos de castaños e carballos
de andoriñas e de niños de paxaros
de fontes, de fervenzas de regueiros,
de rías, mares, cabos e areeiros.

Temos na boca palabras milenarias
para falarmos da carqueixa e da chorima
da barba de raposo e da herba das feridas
de xoubas, de arroases, de baleas
de dornas, de gamelas, de sereas.

Temos na boca palabras milenarias
que afiaron coitelos dos cinco continente
se buscaron peixes dos mares máis ferventes
que andaron os camiños co peixe na patela
segaron moito trigo nas terras de Castela

Temos na boca palabras milenarias
que teñen a gala ser lingua proletaria
que deu chegado a culta e empresaria.
Cristo concedeulle dignidade de litúrxica
e os poetas puxéronlle a cor e mais a música

Temos na boca palabras milenarias
rescatounas todas a pluma de Sarmiento
e mais os que dormen na paz de Bonaval
palabras de Rañolas, Merlín, de Migueliño,
Adrián Soutelo, de Galván e de Balbino.


Temos na boca palabras milenarias
elas dannos pobo e prometen un futuro
pero como isto non está seguro
todos os amigos firmámolo convenio
de que a nosa lingua viva outro milenio.

XESÚS FERRO RUIBAL

martes, 8 de septiembre de 2009

In languages we live. Voices of the world

O vídeo dura case unha hora e vai expoñendo diferentes situacións no mundo como exemplo do que esta a ocorrer en todo o planeta: o perigo inminente de desaparición do gran patrimonio lingüístico da humanidade.

Nun momento determinado chámase a atención sobre a importancia dos adolescentes na transmisión de todas as linguas dunha xeración a outra.

Ti importas, as túas linguas son importantes. Estás concienciado?

_________________

Vía Xoán Costa en ´agora rede

domingo, 21 de junio de 2009

Como falan no Riós

Programa Ben falado (TVG), emitido o 4 de novembro de 2008.

miércoles, 27 de mayo de 2009

Trufas de chocolate

TRUFAS DE CHOCOLATE
Premio do II Concurso de Larpeiradas (2009)
Receita de LILIANA
INGREDIENTES:
  • Chocolate marca "Nestlé" para fundir.
  • Un bote pequeno de leite condensado.
  • 250 gramos de manteiga.
  • Fideos e chocolate marca "Valor" para adornar.
  • Opcional: un pouco licor.
PREPARACIÓN:
Derreter ao baño maría o chocolate e a manteiga. Ir engadíndolle o leite condensado e remexer para que quede unha mestura uniforme.
Verter nunha fonte longa e introducir no frigorífico. Ao día seguinte raspar cunha culler e facer boliñas pequenas e emboligalas nos fideos.
Pódense conxelar para conservar mellor.

Liliana (3.º ESO)