martes, 8 de septiembre de 2009

In languages we live. Voices of the world

O vídeo dura case unha hora e vai expoñendo diferentes situacións no mundo como exemplo do que esta a ocorrer en todo o planeta: o perigo inminente de desaparición do gran patrimonio lingüístico da humanidade.

Nun momento determinado chámase a atención sobre a importancia dos adolescentes na transmisión de todas as linguas dunha xeración a outra.

Ti importas, as túas linguas son importantes. Estás concienciado?

_________________

Vía Xoán Costa en ´agora rede

domingo, 21 de junio de 2009

Como falan no Riós

Programa Ben falado (TVG), emitido o 4 de novembro de 2008.

miércoles, 27 de mayo de 2009

Trufas de chocolate

TRUFAS DE CHOCOLATE
Premio do II Concurso de Larpeiradas (2009)
Receita de LILIANA
INGREDIENTES:
  • Chocolate marca "Nestlé" para fundir.
  • Un bote pequeno de leite condensado.
  • 250 gramos de manteiga.
  • Fideos e chocolate marca "Valor" para adornar.
  • Opcional: un pouco licor.
PREPARACIÓN:
Derreter ao baño maría o chocolate e a manteiga. Ir engadíndolle o leite condensado e remexer para que quede unha mestura uniforme.
Verter nunha fonte longa e introducir no frigorífico. Ao día seguinte raspar cunha culler e facer boliñas pequenas e emboligalas nos fideos.
Pódense conxelar para conservar mellor.

Liliana (3.º ESO)

martes, 19 de mayo de 2009

jueves, 14 de mayo de 2009

Correlingua

Aquí estivemos nós, cos nomes dos amigos nas camisetas e tamén algunha sinatura de Hugo Torreiro. Na retagarda, o equipo ao completo do Departamento de Galego:

jueves, 7 de mayo de 2009

domingo, 3 de mayo de 2009

Maios 2009

Os nosos profesores
teñen moita paciencia,
só con miralos
contáxiannos "sapiencia".

O profe de informática
é moi enrollado,
armámoslle a festa
e calquera lado.

Os deste instituto
fomos de excursión,
sete días en Andorra
molaron mogollón.

Texto íntegro:
Coplas dos maios 2009
Certame Enrique Gómez Pato

miércoles, 29 de abril de 2009

Rubén Riós bótanos unha man co Maio!!!

E ti, non vas participar!?



lunes, 20 de abril de 2009

Aí vén o maio

Castrexos do Baronceli, estades convidados a participar no "Maio" artístico que o centro presentará no certame convocado polo Concello de Verín.



Podedes participar do seguinte xeito:



  • Compoñendo as coplas.

  • Achegando materiais para o maio.

  • Participando na elaboración do maio nas vindeiras semanas.














Maio, 2007: Coplas

Maio, 2008: Coplas

jueves, 26 de marzo de 2009

Maxicamente Vello

POEMA: "A fala" de Manuel María
MÚSICA: Roi Casal

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avóse
ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!