martes 1 de diciembre de 2009

Navega en galego


Podes configurar o teu navegador para dicirlle ao mundo que usas o galego.

Vía: SNL Cerceda

miércoles 18 de noviembre de 2009

Concurso de felicitacións de Nadal

Os departamentos de Educación Plástica e o ENDL convocan:
CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL
Bases:
  • Cada alumno pode participar cunha felicitación.
  • Deberán ter texto e/ou debuxo alusivo ó Nadal.
  • Poderán entregarse en secretaría ata o día 9 de decembro.
  • Establecense dous premios, un por ciclo.
  • Os departamentos de Galego e Plástica valorarán a participación e a dedicación ó concurso.

lunes 9 de noviembre de 2009

Banda deseñada do Magosto (1.º ESO)



jueves 8 de octubre de 2009

TEMOS PALABRAS MILENARIAS

Temos na boca palabras milenarias
para falarmos de castaños e carballos
de andoriñas e de niños de paxaros
de fontes, de fervenzas de regueiros,
de rías, mares, cabos e areeiros.

Temos na boca palabras milenarias
para falarmos da carqueixa e da chorima
da barba de raposo e da herba das feridas
de xoubas, de arroases, de baleas
de dornas, de gamelas, de sereas.

Temos na boca palabras milenarias
que afiaron coitelos dos cinco continente
se buscaron peixes dos mares máis ferventes
que andaron os camiños co peixe na patela
segaron moito trigo nas terras de Castela

Temos na boca palabras milenarias
que teñen a gala ser lingua proletaria
que deu chegado a culta e empresaria.
Cristo concedeulle dignidade de litúrxica
e os poetas puxéronlle a cor e mais a música

Temos na boca palabras milenarias
rescatounas todas a pluma de Sarmiento
e mais os que dormen na paz de Bonaval
palabras de Rañolas, Merlín, de Migueliño,
Adrián Soutelo, de Galván e de Balbino.


Temos na boca palabras milenarias
elas dannos pobo e prometen un futuro
pero como isto non está seguro
todos os amigos firmámolo convenio
de que a nosa lingua viva outro milenio.

XESÚS FERRO RUIBAL

martes 8 de septiembre de 2009

In languages we live. Voices of the world

O vídeo dura case unha hora e vai expoñendo diferentes situacións no mundo como exemplo do que esta a ocorrer en todo o planeta: o perigo inminente de desaparición do gran patrimonio lingüístico da humanidade.

Nun momento determinado chámase a atención sobre a importancia dos adolescentes na transmisión de todas as linguas dunha xeración a outra.

Ti importas, as túas linguas son importantes. Estás concienciado?

_________________

Vía Xoán Costa en ´agora rede

domingo 21 de junio de 2009

Como falan no Riós

Programa Ben falado (TVG), emitido o 4 de novembro de 2008.

miércoles 27 de mayo de 2009

Trufas de chocolate

TRUFAS DE CHOCOLATE
Premio do II Concurso de Larpeiradas (2009)
Receita de LILIANA
INGREDIENTES:
  • Chocolate marca "Nestlé" para fundir.
  • Un bote pequeno de leite condensado.
  • 250 gramos de manteiga.
  • Fideos e chocolate marca "Valor" para adornar.
  • Opcional: un pouco licor.
PREPARACIÓN:
Derreter ao baño maría o chocolate e a manteiga. Ir engadíndolle o leite condensado e remexer para que quede unha mestura uniforme.
Verter nunha fonte longa e introducir no frigorífico. Ao día seguinte raspar cunha culler e facer boliñas pequenas e emboligalas nos fideos.
Pódense conxelar para conservar mellor.

Liliana (3.º ESO)

martes 19 de mayo de 2009

II Romaría Popular das Letras Galegas

jueves 14 de mayo de 2009

Correlingua

Aquí estivemos nós, cos nomes dos amigos nas camisetas e tamén algunha sinatura de Hugo Torreiro. Na retagarda, o equipo ao completo do Departamento de Galego:

jueves 7 de mayo de 2009

+internet+galego+futuro

+internet+galego+futuro