Os alumnos e alumnas do IES Castro de Baronceli cumpriron sobradamente e aquí temos as magníficas coplas elaboradas por eles. Debo felicitalos pois o nivel exhibido nas rimas é excelente, case tanto como a retranca que teñen os versos.
Podédelas ler no enlace premendo
aquí.Ademáis fixemos un maio que aínda que alguén me acuse de subxectivo, debo dicir que estaba moi bonito.
+521.jpg)


Aquí podemos ver o maio exposto na praza do concello.
1 comentario:
O campo de fútbol
de Lamardeite
ten toxos e xestas,
non hai quen o "afeite".
Hoxe anunciaba orgulloso e divertido o autor desta copla que o campo xa foi afeitado.
Desde aquí o noso recoñecemento ao responsable; non tanto pola roza dos toxos, senón por prestar atención á poesía.
Publicar un comentario