Aquí estivemos nós, cos nomes dos amigos nas camisetas e tamén algunha sinatura de Hugo Torreiro. Na retagarda, o equipo ao completo do Departamento de Galego:

Aquí estivemos nós, cos nomes dos amigos nas camisetas e tamén algunha sinatura de Hugo Torreiro. Na retagarda, o equipo ao completo do Departamento de Galego:

Os nosos profesores

Maio, 2007: Coplas
Maio, 2008: Coplas
POEMA: "A fala" de Manuel María
MÚSICA: Roi Casal
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avóse
ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Atoparás a resposta a todas estas cuestións e moitas outras que teñen que ver coa toponimia no recente libro adquirido polo ENDL e depositado na biblioteca.SERVOI. Servoi é o nome dun lugar e parroquia do concello de Castrelo do Val (Ourense), emprazado no val de Verín. Neste val, denominado na Idade Media "Baroncelli" ou "Varoncelli", por onde discorre o Támega, existiu un mosteiro chamado "Servo Dei", o nome do cal aparece nun documento do ano 1132: "De monasterio Servo Dei, quid (o cal) est in Valle Varoncelli discurrente rivulo Tamega"; antigo Servo Dei, que debe ser, xa que logo a base etimolóxica e significativa do actual Servoi, que parece representar o nome persoal Servusdei. Tal como aparece Servusdei quere dicir "servo de Deus", expresión ou fórmula de humildade cristiá e de reverencia a Deus tipicamente medieval, que se debeu converter moi pronto en nome de persoa. Tal fórmula aparece unha chea de veces ao principio de moitos documentos. (...)
Xa nun documento do ano 992 aparece un abade do mosteiro de Celanova chamado, precisamente Servusdei: "servo Deo abbati", quizais tocaio do posible fundador do devandito mosteiro así mesmo chamado "Servo Dei" do val de Verín; cenobio que puido recibir o nome do seu primeiro reitor, hoxe toponimizado no nome de lugar Servoi.
