miércoles, 29 de abril de 2009

Rubén Riós bótanos unha man co Maio!!!

E ti, non vas participar!?



lunes, 20 de abril de 2009

Aí vén o maio

Castrexos do Baronceli, estades convidados a participar no "Maio" artístico que o centro presentará no certame convocado polo Concello de Verín.



Podedes participar do seguinte xeito:



  • Compoñendo as coplas.

  • Achegando materiais para o maio.

  • Participando na elaboración do maio nas vindeiras semanas.














Maio, 2007: Coplas

Maio, 2008: Coplas

jueves, 26 de marzo de 2009

Maxicamente Vello

POEMA: "A fala" de Manuel María
MÚSICA: Roi Casal

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avóse
ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!

sábado, 14 de marzo de 2009

Concurso de carteis

O ENDL convoca concurso do cartel da II Romaría Popular das Letras Galegas.



Bases:
  1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas do centro.


  2. O formato e materiais deberán permitir a súa impresión. Levarán a lenda "II Romaría Popular das Letras Galegas".


  3. Os exemplares entregaranse en secretaría baixo lema ou pseudónimo antes do 25 de abril. Achegarase, asemade, un sobre cerrado á parte co pseudónimo por fóra e o nome e curso do autor no seu interior.


  4. O gañador/a, de consideralo así o xurado, recibirá un agasallo. Haberá un único premio e o cartel será editado e distribuído para dar a coñecer a Romaría.


  5. Os participantes aceptan estas bases.
Cartel do ano pasado

sábado, 14 de febrero de 2009

Historia dunha careta


Láminas deseñadas por Francisco Diéguez, coordinador do ENDL do IES Castro de Baronceli.

jueves, 5 de febrero de 2009

Toponimia "in valle Varoncelli discurrente rivulo Tamega"

Queres saber por que o topónimo LAZA fai alusión ao frío?
Que se sementaba e arrincaba nas ESTIVADAS para recibir tal nome?
Que venerables anciáns lle deron nome a VILARDEVÓS?

Que forma está detrás do NAVALLO e non ten nada que ver cos coitelos?
Cales son as dúas posibilidades para explicar a orixe de VERÍN?
A que sabían as primeiras augas de SOUSAS?
Sabías que o noso río TÁMEGA é irmán lingüístico do TÁMESIS londinese?



Atoparás a resposta a todas estas cuestións e moitas outras que teñen que ver coa toponimia no recente libro adquirido polo ENDL e depositado na biblioteca.
F. CABEZA QUILES,
Toponimia de Galicia.
Editorial Galaxia, Col. Guías AZ.


Deixámosvos con todo un clásico da filoloxía galega, que a profesora Beni coñece moi ben.


SERVOI. Servoi é o nome dun lugar e parroquia do concello de Castrelo do Val (Ourense), emprazado no val de Verín. Neste val, denominado na Idade Media "Baroncelli" ou "Varoncelli", por onde discorre o Támega, existiu un mosteiro chamado "Servo Dei", o nome do cal aparece nun documento do ano 1132: "De monasterio Servo Dei, quid (o cal) est in Valle Varoncelli discurrente rivulo Tamega"; antigo Servo Dei, que debe ser, xa que logo a base etimolóxica e significativa do actual Servoi, que parece representar o nome persoal Servusdei. Tal como aparece Servusdei quere dicir "servo de Deus", expresión ou fórmula de humildade cristiá e de reverencia a Deus tipicamente medieval, que se debeu converter moi pronto en nome de persoa. Tal fórmula aparece unha chea de veces ao principio de moitos documentos. (...)
Xa nun documento do ano 992 aparece un abade do mosteiro de Celanova chamado, precisamente Servusdei: "servo Deo abbati", quizais tocaio do posible fundador do devandito mosteiro así mesmo chamado "Servo Dei" do val de Verín; cenobio que puido recibir o nome do seu primeiro reitor, hoxe toponimizado no nome de lugar Servoi.

viernes, 16 de enero de 2009

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA PARA O SEGUNDO TRIMESTRE


Entre as actividades previstas para toda a comunidade escolar neste segundo trimestre destacan as seguintes relacionadas co entroido:

* Concurso de caretas
* Festival de disfraces e carreira solidaria
* Xogos populares
Temos ademais convocado o "Concurso de Carteis para a II Romaría das Letras Galegas"
Dende o equipo de normalización pedímosvos participación xa que no primeiro trimestre a implicación do alumnado non foi a que se esperaba.Mención especial para Soraya Vilela de 3ºB que resultou gañadora no "Concurso de Felicitacións de Nadal"

jueves, 27 de noviembre de 2008

Recursos lingüísticos


Recursos para o galego é unha completa recompilación de enderezos que facilita o coñecemento e o acceso doado a programas correctores, dicionarios, gramáticas, tradutores e outras ferramentas. Útil para gardar nos favoritos do teu computador.

martes, 18 de noviembre de 2008

Dicionario Visual Interactivo

Este dicionario é unha ferramenta para a iniciación ao galego do alumnado procedente do estranxeiro.